Guadalete, Batalla de

Guadalete, Batalla de

Enfrontamento militar que sostiveron en xullo do 711 as tropas do rei visigodo Rodrigo e o exército musulmán liderado por Tāriq ibn Ziyād. A vitoria musulmá supuxo a fin do reino visigodo e o inicio da ocupación árabe do territorio peninsular. A localización do lugar do combate continúa a ser moi discutida e os historiadores dubidan en situalo entre o río Barbate, a lagoa de La Janda e a beira do río Guadalete.

Palabras veciñas

Guadalcanal | Guadalcanal | Guadalete | Guadalete, Batalla de | Guadalhorce | Guadalimar | Guadalix de la Sierra