Guantánamo

Guantánamo

Capital da provincia homónima de Cuba, próxima á baía e á base aeronaval estadounidense do mesmo nome (205.078 h [1996]). Está atravesada polo río Guaso e o seu afluente, o Bano. Nos arredores hai importantes plantacións de cana de azucre, café, cacao e cereais. Fundada no s XVIII por emigrantes de orixe francesa de Santo Domingo, EE UU construíron nela (1903) unha base militar. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de Santa Catalina de Rici (s XIX) e o palacio de Salcines (s XX).