Guardia, La

Guardia, La

Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, drenado polo río Cedrón, afluente do Tajo (2.379 h [2001]). A economía está baseada na agricultura (cereais, hortalizas, viñas e oliveiras), a gandería (gando lanar) e industrias derivadas (elaboración de queixos e viños). Ten canteiras de xeso. De orixe musulmana, Afonso VIII concedeulle en 1208 o foro e en 1218 foi doada ao arcebispado de Toledo. En 1571 Filipe II vendeulles o señorío aos condes de Campo-Rey, aos que pertenceu ata a abolición dos señoríos. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, a igrexa de Nuestra Señora de la Asunción (ss XVII-XVIII), a casa de Los Jaenes, declarada Ben de Interese Cultural en 1991, e o convento trinitario (s XVIII).