güelfo -fa

güelfo -fa

(< antropónimo Welf)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos güelfos.

  2. adx e s [HIST]

    Aplícase ao grupo ou facción que na Idade Media era partidaria do papa e da súa política, e contraria aos xibelinos. Orixinouse en Alemaña á morte do Emperador Enrique V (1125); os güelfos, partidarios dun poder papal forte e liderados polos duques de Baviera, descendentes do duque Welf, enfrontáronse aos xibelinos que preferían un poder imperial forte. O enfrontamento entre Federico I Barbarrubia e a Santa Sé transplantou esta división a Italia, onde as faccións acabaron loitando por intereses de carácter local.

Palabras veciñas

Güéjar-Sierra | gueldo | 1 guelfo | güelfo -fa | Güell i Mercader, Josep | Güell, Parc | Guelma