Güell, Parc
Güell, Parc
Xardín realizado por Antoni Gaudi en Barcelona, na vertente S do outeiro do Carmel (1900-1914), por encargo de Eusebi Güell i Bacigalupi. Foi a primeira experiencia de cidade xardín. Dispuxo unha serie de edificios e construcións, dos que destaca a gran praza sostida por unha columnata de inspiración dórica e coroada por unha gran varanda-banco serpenteante, recuberta de pequenos ladrillos de diferentes cores. É parque municipal e acolle o Museu Gaudi.