Güeñes

Güeñes

Municipio do territorio de Bizkaia, Euskadi, na comarca de Las Encartaciones e drenado polo río Kadagua (5.831 h [2001]). Destacan os bosques de carballos, piñeiros e os pasteiros. Posúe agricultura (cereais, hortalizas e patacas) e gandería (bovina e cabalar). Na industria predomina a relacionada coa madeira e a química. O núcleo máis poboado é Sodupe. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Santa María (1507-1603), o palacio Cuadra Salcedo (s XIX) e o edificio do concello (s XIX).