Guerra

Guerra
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que se estableceu en Monterroso. A rama galega leva, en campo de ouro, un guerreiro de pé, vestido de sinople, cunha banda vermella, e unha espada baixa, denuda, de prata, na man dereita e unha bandeira de goles na esquerda co lema “A la guerra”.