gueto
(< ital ghetto)
-
s
m
-
[HIST]
Barrio habitado pola comunidade xudía. Nun principio eles mesmos residían nestes barrios co fin de preservar as súas tradicións e a orixinalidade do seu culto; pero trala promulgación do Código de Xustiniano no mundo bizantino, do Pacto de Omar (s VII) nos países musulmáns e do Concilio IV de Letrán (1215) en Europa occidental, a segregación converteuse en forzosa e os barrios foron fortificados. O termo ten as súas orixes no nome da pequena illa veneciana de Ghetto, onde se estableceu o barrio xudeu da cidade no s XVI. Durante a Idade Media proliferaron estes barrios nas distintas coroas europeas co nome de xudería en Castela e Aragón, Judengassen nos principados de Alemaña e giudaiche en Italia. A Contrarreforma e as medidas adoptadas polo Papa Pío IV obrigaron os xudeus europeos a identificarse pola súa indumentaria e a rexerse por unha serie de estatutos de carácter coercitivo. As expulsións das comunidades xudías da Península Ibérica nos ss XV e XVI provocou o aumento do número destes barrios nos países do N e L de Europa. Entre os ss XVII e XVIII formáronse importantes comunidades xudías en Holanda, Inglaterra, Alemaña e nalgunhas zonas de Francia. Trala Revolución Francesa modificáronse os estatutos xurídicos dos guetos, que deixaron de ser cidades prohibidas para os cristiáns, e igualáronse os xudeus cos demais cidadáns. No s XIX a riqueza dalgunhas comunidades e a súa intervención nos procesos de formación de países como Italia e Alemaña romperon definitivamente coa segregación. Durante a Segunda Guerra Mundial, os nazis reinstauraron os guetos en numerosas cidades do L de Europa, como Cracovia, Lublin, Lwów, Lódza e Varsovia. Convertéronos en cidades, campos de reserva e de traballo, dos que os xudeus saían cara aos campos de exterminio. O fin da guerra supuxo a desaparición dos guetos.
-
Barrio ou lugar dunha cidade habitado por un determinado grupo étnico ou comunidade marxinal.
-
[HIST]
-
s
m
[SOCIOL]
Sector social, delimitado xeograficamente, no que a maioría da poboación ten unhas características propias e diferenciadas que fan que se segregue do resto da poboación á que pertence. Acostuman ser barrios ou sectores suburbáns dunha cidade integrados por conxuntos étnicos diferentes do resto da poboación.