Guilford, Joy Paul

Guilford, Joy Paul

Pedagogo estadounidense. Formouse na University of Nebraska e foi profesor na University of South California (1940). Especialista en psicoloxía clínica, desenvolveu a teoría da estrutura da intelixencia (Struture of Intellect, SI). Esta defínese como o compendio de distintas operacións, contidos e produtos, e chega a diferenciar ata 150 compoñentes da intelixencia. Existen cinco tipos de operacións (cognición, memoria, produción diverxente, produción converxente e avaliación), seis tipos de produtos (unidades, clases, relacións, sistemas, transformacións e implicacións) e cinco tipos de contidos (visual, auditivo, simbólico, semántico e behaviorista). Escribiu Psychometric Methods (1936), Creativity. American Psychologist (1950), The Nature of Human Intelligence (1967) e The Analysis of Intelligence (1971), en colaboración con R. Hoepfner.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Marquette, Nebraska

  • Deceso