Guillemin, Roger Charles Louis
Guillemin, Roger Charles Louis
Médico francés. Estudiou nas universidades de Dijon e Lyon, onde se doutorou (1949). Traballou no Instituto de Medicina e Cirurxía Experimental de Montréal (Canadá), na Universidade de Houston (Texas), no Laboratorio de Endocrinoloxía Experimental do Colexio de Francia, do que foi director, e no Instituto Salk de Estudios Biolóxicos en La Jolla (California). Descubriu a hormona liberadora de tirotropina e a somatostatina, hormonas segregadas polo hipotálamo, que actúan sobre a hipófise. Tamén fixo estudios sobre as endorfinas. En 1977 recibiu, xunto con Andrew Schally e Rosalyn Yalon, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Dijon