Güímar

Güímar

Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado ao pé do Monte de la Esperanza (15.271 h [2001]). Esténdese desde o centro da illa ata a costa oriental. A agricultura é o recurso económico principal, sobre todo o cultivo de tomates destinados á exportación. Tamén hai produción de patacas, plátanos, algodón e tabaco. Do seu patrimonio cultural destaca o parque etnográfico das pirámides de Güímar.