Guimard, Hector
Guimard, Hector
Arquitecto francés. Discípulo de Viollet-le-Duc, foi profesor na École des Arts Décoratives (1894-1898). Influído por Victor Horta, incorporou a art nouveau ao Castel Béranger de París (1894-1898). Das súas obras destacan o Castel d’Orgeval (1905) e diversas entradas do metro de París (1900-1910). Cultivou o grafismo e o deseño de mobles e obxectos.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Lyon -
Deceso
Lugar : Nova York