guinea

guinea

(< topónimo Guinea)

  1. s f [NUMIS]

    Moeda inglesa introducida por Carlos II de Inglaterra en 1663, cun valor de 20 xilíns e cun peso de 8,53 g de ouro de 22 quilates. O seu nome proviña do lugar de orixe do ouro que se empregou para cuñalas. O seu valor oscilou entre 30 e 21 xilíns, ata que pola reforma monetaria ordenada por Xurxo III de Inglaterra en 1816 foi substituída polo soberano ou libra esterlina.

  2. s f

    Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cabeza’.

Palabras veciñas

Guindilla, La | guindola | Guiné-Bissau | guinea | Guinea | Guinea | Guinea Ecuatorial