Guston, Philip

Guston, Philip

Pintor canadense. Considérase un dos representantes destacados do expresionismo abstracto. Inicialmente cultivou unha pintura de temática social influído polos muralistas mexicanos, que derivou, baixo a influencia de Pollock, cara a formulacións máis vangardistas. As súas obras caracterízanse polas manchas luminosas de cores superpostas nun fondo claro e aplicadas con pinceladas soltas.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Montréal

  • Deceso

    Lugar : Woodstock, New York