Gutiérrez Alea, Tomás

Gutiérrez Alea, Tomás

Realizador cinematográfico. A principios da década de 1950 estudiou dirección no Centro Sperimentale di Cinematografia de Roma. Despois do triunfo da Revolución Cubana de Fidel Castro, formou parte da directiva do Instituto Cubano del Arte y la Industria Cinematográfica, para o que dirixiu algúns documentais de propaganda. Deste xeito, converteuse no realizador oficial do réxime castrista, para o que realizou películas como Historias de la revolución (1960), Cumbite (1964) ou Memorias del subdesarrollo (1968). Tamén dirixiu La última cena (1976), Hasta cierto punto (1983), Fresa y chocolate (1993) ou Guantanamera (1995).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : La Habana

  • Deceso