Gutiérrez de la Concha e Irigoyen, José
Gutiérrez de la Concha e Irigoyen, José
Militar, marqués de La Habana. Participou na represión das insurreccións progresistas de Zaragoza, Cartagena e Galicia durante a Década Moderada, polo que ascendeu a tenente xeneral (1846). Foi gobernador de Cuba (1850-1852 e 1854-1859) e ministro da Guerra (1863-1864) e de Ultramar (1864). Encargouse de formar goberno en setembro de 1868, pero fuxiu do país despois da derrota de Alcolea. Coa Restauración nomeárono de novo gobernador de Cuba (1874), pero dimitiu. Foi presidente do Consello Supremo de Guerra e Mariña (1881) e do Senado (1881-1883 e 1886).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Córdoba, Arxentina -
Deceso
Lugar : Madrid