Guyana

Guyana
Nome científico: [Nome oficial: República Cooperativa da Guyana; ingl: Co-operative Republic of Guyana]

Estado do NL de América do Sur, que limita ao N co Océano Atlántico, ao L con Suriname, ao S e SO con Brasil e ao O con Venezuela (215.083 km2; 865.000 h [estim 2001]). A capital é Georgetown.
Xeografía
Situada sobre o macizo paleozoico da Güiana, ofrece un relevo que se eleva suavemente cara ao límite con Brasil e Venezuela. Ao S, outro macizo granítico elévase a 1.500 m de altitude na Serra de Acarí, fronteiriza con Brasil. De clima ecuatorial, a superficie que se dedica á agricultura é unha mínima franxa costeira, que pola fertilidade dos aluvións, obtén boas colleitas de raíces e tubérculos, hortalizas e froita; pero, sobre todo, produce cana de azucre, e arroz nos deltas. O bosque cobre máis das tres cuartas partes do territorio, pero só unha cuarta parte é accesible por río. A pesca satisfai as necesidades internas e incluso permite a exportación de gambas. O subsolo é particularmente rico en bauxita, ouro e diamantes. Tamén hai xacementos de cobre, molibdeno, petróleo e uranio. A industria é limitada: elaboración de minerais (co que se obtén alumina), téxtil e, sobre todo, alimentaria (azucre, fariña de trigo, carne e cervexa) e do tabaco. As comunicacións, pouco desenvolvidas, céntranse na estrada litoral, da que parten outras cinco que remontan os vales principais. O porto principal é Georgetown. Se se prescinde das reexportacións, o comercio exterior é deficitario, xa que a bauxita, o azucre, o ouro, o arroz e as gambas non compensan o custo do petróleo, o leite, o trigo e os produtos téxtiles, importados principalmente de Trinidad e Tobago, EE UU e Reino Unido. Os principais clientes son EE UU, Reino Unido e Venezuela. Máis deficitarias son a balanza de servicios e a global de pagamentos. A poboación concéntrase na costa, mentres o interior está practicamente deshabitado. A poboación urbana é escasa (38,2% en 2000), e só destaca como gran centro urbano a capital.
Sociedade e goberno