Haarlem
Haarlem
Capital da provincia de Holanda Setentrional, Países Baixos, á beira do río Spaarne (148.484 h [2000]). Con numerosos canais, é o mercado dunha área de cultivo floral (bulbosas); ademais ten industria metalúrxica lixeira, alimentaria e de artes gráficas. Do seu patrimonio cultural destacan o Vleeshal (1603) e a catedral de Saint Bavo (s XIX).