Haas, efecto

Haas, efecto
[FÍS]

Fenómeno perceptual, chamado tamén efecto precedencia, de grande importancia na acústica arquitectónica e na electroacústica, que consiste na integración dos sons por parte da fonte receptora, o noso cerebro, cando as ondas sonoras directas e reflectidas chegan cunha separación menor a 50 m/s. Unha forma simple de demostrar este fenómeno é a partir dun equipo de son estereofónico. A diferenza en tempo de cada canal dun sinal estéreo determina a dirección que se percibe do son, ata un máximo de 50 m/s de retardo entre ambos os dous sinais. A partir deste tempo, o cerebro deixa de percibir a dirección para recoñecer o sinal retardado como un eco do primeiro son estéreo.