Hacilar
Hacilar
Xacemento neolítico do SO de Anatolia nas proximidades de Burdur. Habitado por unha comunidade de agricultores entre o 7000? a C e finais do 5000? a C, trátase dunha aglomeración de casas de adobe con tellados planos. Foi fortificado durante a inestabilidade política de Anatolia. Encontráronse numerosos restos cerámicos fabricados manualmente, entre os que destacan varios vasos con formas antropomorfas.