hafnio

hafnio
Nome científico: [Hf]
s m [QUÍM]

Elemento metálico de cor branca brillante pertencente ao grupo IV da táboa periódica. Actúa como tetravalente e excepcionalmente como bivalente e trivalente nos compostos pouco estables. O seu número atómico é 72, ten un peso atómico de 178,49, un punto de fusión de 2.227°C, un punto de ebulición de 4.602°C e unha densidade de 13,1 g/cm3. Coñécense seis núcleos: 174 (0,2%), 176 (5,23%), 177 (18,55%), 178 (27,23%), 179 (13,73%) e 180 (35,07%). Foi descuberto en 1923 por D. Coster e G. de Hevesy. Os compostos son semellantes aos do circonio, que tamén se extrae dos minerais, nos que se atopa hafnio. A pouca produción anual de hafnio emprégase na industria nuclear (barras de control) e en certas aliaxes (resistencias eléctricas).