háfsido -da
háfsido -da
-
adx
Relativo ou pertencente aos háfsidas.
-
s
[HIST]
Membro dunha dinastía bérber de Tunes (1229-1574). Os momentos culminantes do seu poder foron o goberno de Abu Zakariya Yahyà (s XIII), quen independizou o territorio que comprendía de Trípoli a Ceuta, e o do seu fillo, o califa Al-Mustansir bi-llah (1235). As loitas internas e as ocupacións estranxeiras debilitaron a dinastía ata que desapareceu a mans dos turcos.