Haia, A

Haia, A
Nome científico: [neerlandés: s’Gravenhage ou Den Haag]

Capital da provincia de Holanda Meridional, nos Países Baixos (440.743 h [estim 1999]). Situada no corazón da conurbación de Randstad Holland, a 4 km do mar, experimentou un rápido crecemento demográfico a finais da década de 1950, cando comezou a expansión das áreas suburbanas e a creación de cidades satélites. Tamén ten un papel determinante o sector terciario. É sede do goberno e da Coroa dos Países Baixos e tamén do Tribunal Internacional de Xustiza. Ao S da cidade hai unha área industrial, con industria electrónica (Philips), metalurxia de transformación e artigos de caucho. Fundada no s XIII a partir dun antigo pavillón de caza, do seu patrimonio cultural destacan os palacios Binnenhof (ss XIII-XVIII), Mauritshuis (ss XVII-XVIII) e o Voorhout (s XVIII), e as igrexas Grote Kerk (ss XIV e XV) e Nieuwe Kerk.