Haldane, John Burdon Sanderson
Haldane, John Burdon Sanderson
Xenetista e bioquímico inglés. Foi profesor de fisioloxía da Royal Institution e de bioquímica e xenética na Universidade de Londres. Traballou na aplicación da análise matemática aos fenómenos xenéticos e así poder determinar as taxas de cambio xenético en poboacións humanas, fixo unha aproximación matemática ao proceso de selección natural e nos métodos de medida da unión dos xenes; tamén traballou sobre a hemofilia e daltonismo para poder determinar a taxa de mutacións no home. Entre as súas obras podemos destacar As causas da evolución (1933), Novos camiños en xenética (1941) e A bioquímica e a xenética (1954).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Oxford -
Deceso
Lugar : Bhubanewar