halibut

halibut
Nome científico: [Hippoglossushippoglossus, Fam dos pleuronéctidos]
s m [ANIMAL/ICT]

Peixe da orde dos pleuronectiformes de ata 3 m de lonxitude e máis de 200 kg de peso; aínda que o seu peso comercial oscila entre os 9 e 36 kg. Corpo oval, bastante alongado e ambos os dous ollos no lado dereito, é o máis groso dos peixes planos. Habita no Atlántico Norte e Alasca e ten moita importancia económica para Galicia. Moi presente no mercado, aparece en forma de filetes dunha carne moi branca. Tamén se denomina fletán común.