Hall, Peter
Hall, Peter
Director de escena británico. Participou na creación da Royal Shakespeare Company e do National Theatre, onde traballou para a recuperación dos textos clásicos da literatura dramática inglesa, ao tempo que presentaba autores novos tan significativos como Samuel Beckett ou Harold Pinter. Tamén dirixiu películas, entre as que destacan A Midsummer Night’s Dream (1968) e Never Talk to Strangers (1995). Recibiu o título de sir.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bury St. Edmunds, Suffolk