Halley, Edmond

Halley, Edmond

Astrónomo inglés. Estudiou e foi profesor na Universidade de Oxford. Foi secretario da Royal Society e director do observatorio de Greenwich. Colaborou con Newton no estudo da órbita dos cometas. Descubriu que a traxectoria dos cometas era unha elipse como as dos planetas, aínda que con máis excentricidade, acercándose moito ao Sol para logo afastarse moito máis. Na illa de Saint Helena observou o tránsito de Mercurio pola face do Sol, o que lle serviu para propoñer un novo método de determinación da paralaxe solar. Estudiou o magnetismo terrestre e os movementos da Lúa, e describiu os movementos das estrelas supostas fixas. Publicou Catalogus Stelarum Australium (1678), o primeiro catálogo das estrelas do hemisferio austral, en base a observacións feitas coa axuda dun telescopio; Treatise of Cometary Astronomy (1705), un estudo sobre cometas; e Tabulae Astronomicae (1749). En 1720, foi nomeado segundo Astrónomo Real, sucesor de Flamsteed e predecesor de Bradley.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Haggerston

  • Deceso

    Lugar : Greenwich