hallux*

hallux*
  1. s m [ANAT]

    Dedo gordo do pé.

  2. hallux en martelo [PAT]

    Deformación por flexión da falanxe distal sobre a falanxe proximal.

  3. hallux extensus [PAT]

    Deformación por extensión permanente das dúas falanxes sobre a cabeza do primeiro metatarsiano.

  4. hallux flexus [PAT]

    Deformación por desviación da cabeza do primeiro metatarsiano cara ao dorsal, a falanxe proximal está en flexión e a distal en hiperextensión.

  5. hallux rigidus [PAT]

    Deformación debida á rixidez, á altura da primeira articulación metatarso-falánxica do dedo gordo do pé, provocada pola artrose desa articulación.

  6. hallux valgus [PAT]

    Deformación por desviación do dedo gordo cara ao exterior con rotación en valgo e do primeiro metatarsiano cara ao interior, formando entre ambos os dous un ángulo de vértice interno, todo en relación coa liña media do corpo.

  7. hallux varus [PAT]

    Deformación por desviación do dedo gordo cara ao interior que provoca a súa separación do segundo dedo. Pódese presentar por unha esaxerada corrección cirúrxica do hallux valgus.