Halmahera
Halmahera
Illa de Indonesia, a máis grande das Molucas, situada ao L das illas Célebes. Moi montañosa, está cuberta de bosque ecuatorial. A súa poboación dedícase ao cultivo de arroz, especias, cana de azucre, tabaco, cacao e café. A cidade principal é Ternate.