Hamilton, William
Hamilton, William
Filósofo escocés. Profesor da University of Edinburgh, integrouse na escola escocesa de filosofía, da que aceptaba o seu realismo natural e á que incorporou algunhas teses da crítica kantiana. Buscou contrarrestar o materialismo da ciencia natural e afirmou que o coñecemento humano é finito. Das súas obras destaca Lectures on Metaphysics and Logic (1859-1860).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Glasgow -
Deceso
Lugar : Edimburgo