Händel, Georg Friedrich
Compositor alemán. En 1703 foi a Hamburgo, onde actuou como violinista e clavecinista no teatro. Despois trasladouse a Italia e alí relacionouse con Lotti, os Scarlatti, Corelli e Pasquine. Foi mestre de capela da corte de Hannover. Durante unha estadía en Londres estreou Rinaldo (1711), Il Pastor Fido (1712) e Te Deum. Cando o elector de Hannover se converteu en Xurxo I de Inglaterra (1714), Händel continuou ao seu servicio. Posteriormente dedicouse á oratoria con Athalia (1753), Israel in Egypt (1739) e Saul (1739); en 1742 estreou en Dublín a obra máis célebre de todas, Messiah. A esta seguíronlle Aamson (1743), Belshazzar (1745), Judas Maccabaeus (1747), Joshua (1748), Solomon (1749) e Jephtha (1752). Nas décadas de 1730 e 1740, escribiu os orixinais concertos para órgano e as dúas series de concerti grossi; en 1749 consolidou a súa vinculación a Inglaterra con Firework Music para conmemorar a paz de Aquisgrán, dentro do mesmo estilo solemne que caracterizara a Water Music de anos antes (1717). Na obra escénica, especialmente nas oratorias, dálle unha grande importancia ás partes corais, que interveñen activamente na acción dramática.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Halle -
Deceso
Lugar : Londres