Hardaway, Steve

Hardaway, Steve

Cantautor estadounidense. Coñecido como Stevie Wonder, é cego de nacemento. Debutou en 1962 en Detroit tocando o piano e a harmónica e, máis tarde, actuou tamén en conxuntos de gospel e cantos espirituais negros. Entre os seus discos destacan Tribute to Uncle Ray (1962), With A Song In My Heart (1963), The Woman in Red (1984) e At The Close Of a Century (1999). Recibiu numerosos premios Grammy.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Sagonaw, Michigan