Harrach
Harrach
Familia nobre austríaca orixinaria de Harruck, que se converteu en 1627 en condes imperiais e en 1861 en membros hereditarios do Reichstag austríaco. Entre os seus membros destacaron o conde Ferdinand Bonaventura von Harrach (1637-1706), ministro e embaixador do Emperador Leopoldo II na corte de Carlos II (1673-1680 e 1693-1698), e o seu fillo Ludwig von Harach (?-1742), embaixador na Corte de Carlos II (1698-1700) e vicerrei de Nápoles (1728-1733).