harpía

harpía

(< lat harpya < gr Ἄρπυια)

  1. s f [MIT]

    Cada un dos tres xenios maléficos, fillas de Taumante e da oceánide Electra. De nome Aelo (ou Nicótoe), Ocípite e Celeno, represéntanse como mulleres aladas ou como aves con cabeza feminina e gadoupas afiadas. Crese que habitaban nas illas Estrofíades, no Mar Exeo; máis tarde Virxilio situounas no inferno. Dedicábanse a raptar nenos e almas.

  2. s f

    Muller malvada, perversa ou de mal carácter.

  3. s f [ORNIT]

    Ave da orde das falconiformes, de 1 m de altura a femia e uns 70 cm o macho, coa cabeza e o pescozo gris, a parte inferior do pico, o abdome e as patas brancas, e o resto da plumaxe negra. Presenta unha crista sobre a noca que pode levantar a vontade. É silvícola e aliméntase de simios, guacamaios e mamíferos pequenos, animais que atrapa coas súas poderosas uñas que poden alcanzar os 7 cm de logo. O seu niño faino sobre as árbores a uns 20-40 m de altura do chan. Habita nas selvas húmidas e nos bosques de América, desde o S de México ata o N de Arxentina.

Formas incorrectas

arpía