Harris, Marvin

Harris, Marvin

Antropólogo. Estudiou e doutorouse na Universidade de Columbia (1953), onde traballou ata 1980. Posteriormente, trasladouse á Universidade de Florida. Máximo expoñente do denominado materialismo cultural, centrouse no estudo das causas da evolución cultural, e considerou os factores demográficos, tecnolóxicos, económicos e ambientais como forzas motrices do cambio social. Da súa produción destacan The Rise of Anthropological Theory (1968), Cultural Materialism (1979) e Culture, People, Nature (1980).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Nova York

  • Deceso

    Lugar : Florida