Harvey, William
Harvey, William
Médico inglés. Estudiou nas universidades de Cambridge e Padua. Foi médico do Hospital de San Bartolomé de Londres e médico persoal de Xacobe I e Carlos I de Inglaterra. Descubriu a circulación do sangue, descubrimento moi discutido que se opoñía ás ideas de Aristóteles e Galeno, e que describiu no seu libro Exercitatio anatomica de motu cordis et sanguinis in animalibus (Exercicio anatómico sobre o movemento do corazón e o sangue nos animais, 1628). Publicou tamén moitos traballos sobre embrioloxía, resultado das súas investigacións, entre os que destaca De generatione animalium (Sobre a xeración dos animais, 1651).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Folkestone, Kent -
Deceso
Lugar : Londres