Harz

Harz

Macizo montañoso de Alemaña que se estende ao S da gran chaira do Norte e onde se estudiou o dobramento herciniano. De estrutura de horst, é un macizo de relevo moi vello, fortemente erosionado. O punto culminante é o Brocken, de 1.142 m de altitude. Posúe unha gran riqueza metalífera (prata, cinc, chumbo, estaño, cobre, uranio).