Hawking, Stephen William

Hawking, Stephen William

Físico e cosmólogo inglés. Estudiou na Universidade de Oxford e posteriormente trasladouse á de Cambridge, onde se doutorou. Víctima, desde moi novo (1963), dunha esclerose lateral amiotrófica que lle impedía articular as palabras e andar correctamente, conseguiu éxitos científicos. Dedicouse ao estudo da física teórica, investigando as singularidades do principo do Universo (demostración realizada xunto con Penrose entre 1965 e 1968), o big-bang e os buratos negros, establecendo a teoría da evaporación (1973), que demostraba que os buratos negros perdían enerxía e materia. Entre as súas obras destaca A Brief History of Time: From the Big Bang to Black Holes (1988). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias (1989).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Oxford