haxix

haxix

(< ár ḥašīš‘herba seca’)

s m [QUÍM]

Produto elaborado a partir da resina, rica en cannabinol e outros alcaloides, que se obtén das flores femininas de cánabo indio (Cannabis sativa, variedade índica), mesturada con substancias aromáticas e azucradas. Constitúe unha droga de propiedades narcóticas, euforizantes e alucinóxenas que se pode fumar, beber ou mastigar.