Heerlen
Heerlen
Cidade da provincia de Limburg, Países Baixos (268.631 h [1999]). Centro do distrito carbonífero neerlandés, prolongación da conca hulleira de Aquisgrán, é a sede da administración mineira estatal. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de San Pancracio (s XII).