Hegel, Georg Wilhelm Friedrich
Filósofo alemán. Formado en Filosofía e teoloxía no seminario de Tübingen, foi profesor nas universidades de Jena, Heilderberg e Berlín. Amigo de F. W. J. von Schelling e F. Hölderlin, editou con eles a Gaceta de Bamberg, revista de filosofía crítica onde publicou os seus primeiros traballos. Concibiu a filosofía coa intención de comprender o propio tempo e considerou que a relixión tiña un contido racional que a filosofía debía facer seu. Opúxose, polo tanto, a unha concepción transcendente do absoluto, Deus está aquí e maniféstase progresivamente na historia, a medida que o home consegue a liberdade. Entre as súas obras destacan Phänomenologie des Geistes (Fenomenoloxía do espírito, 1807), Wissenschaft der Logik (Ciencia da lóxica, 1812), Enzyklopädie der philosophischen Wissenschaften im Grundrisse (Enciclopedia das ciencias filosóficas en compendio, 1817) e Grundlinien der Philosophie des Rechts oder Naturrecht und Staatswissenschaft im Grundrisse (Liñas fundamentais da filosofía do dereito ou esbozo de dereito natural e ciencia política, 1821).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Stuttgart -
Deceso
Lugar : Berlín