Heidegger, Martin

Heidegger, Martin

Filósofo alemán. Profesor nas universidades de Marburg e Friburgo e discípulo e sucesor de E. Husserl, aplicou a fenomenoloxía do seu mestre á análise da existencia humana. Como os primeiros pensadores gregos, buscou a comprensión do ser; pero, segundo el, este enigmático ser só se pode facer patente a través do home (das Dasein), o lugar onde o ser se esclarece. Para Heidegger o fin da filosofía é o de pensar no ser misterioso que o home, o seu pastor e servidor, garda como na súa propia casa. O home é o intermediario desta nova tensión dialéctica entre o ser e os seres e, en consecuencia, a filosofía convértese nunha ontoloxía fenomenolóxica que reduce o ser no espazo transcendental e histórico da consciencia humana. Entre as súas obras destacan Sein und Zeit (O ser e o tempo, 1927), Kant und das Problem der Metaphysik (Kant e o problema da metafísica, 1929), Vom Wesen des Grundes (Sobre a esencia do fundamento, 1929), Vom Wesen der Wahrheit (Sobre a esencia da verdade, 1943), Brief über den Humanismus (Carta sobre o humanismo, 1947) e Was heisst Denken? (Que significa pensar?, 1954).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Messkirch, Baden

  • Deceso

    Lugar : Württemberg

  • Deceso