Heinsius, Anthonie
Heinsius, Anthonie
Estadista neerlandés. Gran pensionario de Holanda (1689-1720), sostivo a política antifrancesa de Guillerme III de Inglaterra. Destacado promotor da Alianza da Haia (1701) contra Francia e España, á morte de Guillerme III (1702) asumiu o poder real holandés. Os sacrificios bélicos, non compensados polos termos dos tratados de paz de Utrecht e Rastatt (1713-1714) acabárono desacreditando.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Delft -
Deceso
Lugar : A Haia