Heliconia

Heliconia
[PLANTA]

Xénero de plantas herbáceas da familia das heliciconiaceas. Son plantas monocotiledoneas, con crecemento rizomatoso. Teñen talo de gran tamaño e poden alcanzar entre 1,5 e 2 m de altura. Presenta follas longas e dísticas e inflorescencias con fortes brácteas e con flores hermafroditas de chamativas cores. Os colibrís son os paxaros polinizadores exclusivos das Heliconias vermellas, amarelas e laranxas mentres que os das Heliconias verdes son os morcegos. Orixinarias de América tropical e das Antillas habitan rexións húmidas e chuviosas.

Palabras veciñas

helicoide | Helicolenus | helicón | Heliconia | helicóptero | heliestación | helio