heptano

heptano

(< hepta- + -ano)

Nome científico: [C<sub> 7</sub> H<sub> 16</sub> ]
s m [QUÍM]

Hidrocarburo saturado. É un líquido incoloro, inflamable, insoluble en auga, de punto de ebulición 98°C. Atópase no petróleo, do que se separa por destilación fraccionada. Emprégase como disolvente e como referencia para a determinación do índice de octano.