Heráns, Carlos

Heráns, Carlos

Actor e director de escena. A súa traxectoria profesional está moi vinculada á pedagoxía teatral e ao teatro para a infancia e a mocidade. Destaca a súa colaboración con moi diversos movementos de renovación pedagóxica e a súa actividade á fronte de Acción Educativa, entidade responsable da Escuela de Verano de Madrid e das Semanas Internacionales de Teatro para nenos que se organizan en Madrid e A Coruña. Colaborador da revista Cuadernos de Pedagogía, dirixiu diversos espectáculos con compañías de teatro infantil españolas e europeas, e publicou Teatro y Escuela ou Teatro, imagen y animación.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Madrid