Herbart, Johann Friedrich
Herbart, Johann Friedrich
Filósofo e pedagogo alemán. Formado en Suíza, foi profesor nas universidades de Kaliningrad e Göttingen. Como filósofo considerou que o obxecto da filosofía era a análise crítica das nocións derivadas empiricamente para acceder á esencia da realidade. Entre as súas obras destacan Über philosophisches Studium (Sobre o estudo filosófico, 1807) e Allgemeine Pädagogik (Pedagoxía Xeral, 1806).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Oldenburg -
Deceso
Lugar : Göttingen