Herbón
Herbón
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que se estableceu en Becerreá. Trae por armas escudo partido. A primeira partición presenta, en campo de sinople, un castelo de prata, con cachotería de sable. A segunda partición trae, en campo de goles, cinco feixes de trigo con espigas, de ouro, colocados en aspa. Tamén se recolle coa grafía Erbón.