Herder, Editorial

Herder, Editorial

Empresa editorial fundada en Friburgo de Brisgovia en 1801 por Bartholomäus Herder (1774-1839), especializada na edición de libros de teoloxía, filosofía e psicoloxía. En 1925 estableceu unha librería en Barcelona e en 1944 instalouse definitivamente como editorial, en que se editaron máis de 600 títulos diferentes. Desde 2002 conta cunha delegación en México para a difusión do libro en castelán por América.

Palabras veciñas

herdanza | herdar | herdeiro -ra | Herder, Editorial | Herder, Johann Gottfried von | herderita | herdo