Herder, Johann Gottfried von

Herder, Johann Gottfried von

Filósofo, escritor e pedagogo alemán. Discípulo de I. Kant e amigo de D. Diderot, J. B. le Rond D’Alembert e dos enciclopedistas, influíu extraordinariamente en J. W. von Goethe e en toda a literatura e ideoloxía alemana. Precursor no campo da crítica literaria, promoveu o Sturm und Drang. Escribiu Über die neuere deutsche Literatur (Sobre a nova literatura alemana, 1767) e Ideen zur Philosophie der Geschichte der Menschheit (Ideas sobre a filosofía da historia da humanidade, 1784-1791).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Mohrungen, Prusia Oriental

  • Deceso

    Lugar : Weimar